Remataron as obras no castelo da Rocha Forte e alà quedou a evidencia dunha das fortificacións máis importantes da Historia de Galicia, abatida polos Irmandiños. O investimento, con financiamento do Goberno central, tiña por obxectivo final o acondicionamento e a posta e valor do castelo. O proxecto reuniu importantes materiais divulgativos, pero o castelo, unha vez rematadas as obras, permanece pechado.
O Castelo da Rocha Forte foi un importante baluarte arcebispal, unha fortificación feudal que lle valeu ao arcebispo de Santiago para controlar o seu territorio e sentirse seguro durante os periodos de revoltas cos dÃscolos burgueses da cidade. Tralas revoltas irmandiñas e avatares posteriores, o castelo ficou en ruÃnas, as súas pedras foron aproveitadas para outras edificacións e a fortificación ficou abandonada no actual lugar da Rocha Vella, en Santiago de Compostela.
Unha escavación acometeu nos últimos meses a exhumación da totalidade do perÃmetro amurallado e permite comprender na súa dimensión total a funcionalidade do castelo como sistema defensivo e como sistema de control viario das mercadorÃas que entraban cara o burgo de Santiago de Compostela. O proceso xenerou publicacións en papel e electrónicas que permite profundar na significación histórica do castelo.