Un curso analiza a influencia da cultura grecolatina na cultura galega actual

O curso de formación de profesorado celébrase entre o 3 de febreiro e o 10 de marzo

A Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela acollerá entre febreiro e marzo o curso "A influencia de Grecia e Roma na cultura occidental. Grecia e Roma en Galicia", co cal se procura dar unha visión da presenza e influencia dos referentes grecolatinos na literatura e cultura galega contemporáneas, pero tamén na súa traxectoria. Escritores e investigadores farán achegas interdisciplinares, salientando a influencia destas culturas nos procesos de creación literaria ou achegando as últimas tendencias en investigación ao respecto. Autores como Elena Gallego, Xoán Bernárdez Vilar, Víctor Freixanes, Fátima Díez, Felipe Arias, Ricardo Moreno ou Manuel Gago participarán no curso.

As xornadas desenvólvense co formato de curso de formación de profesorado para aqueles profesionais interesados na homologación oficial da súa asistencia. A asistencia ás conferencias é aberta e ratuíta, pero os interesados no recoñecemento da formación de profesorado deben enviar os seus datos a greciayRomaenGalaecia@gmail.com, cun prezo de matrícula de 50 euros.

Programa:

Luns 3 de febreiro
Elena gallego: O mito da translatio, inspiración dunha saga fantástica: Dragal

Xoves 13 de febreiro
Xoán Bernárdez Vilar: A novela histórica de ámbito grecolatino na literatura galega.

Xoves 20 de febreiro
Manuel Gago: Gallaecia perromana e romana. O patrimonio material e inmaterial.

Luns 24 de febreiro
Ricardo Moreno Castillo: Grecia na educación de hoxe.

Xoves 27 de febreiro
Víctor Freixanes: A colección Clásicos en Galego. Historia, posibilidades e perspectivas de futuro na edición dous autores grecolatinos en lingua galega.

Xoves 6 de marzo
Felipe Arias: A romanización do medio rural na Gallaecia: ou paradigma do Castro de Viladonga

Luns 10 de marzo
Fátima Díez Platas: Outra vez Santa Eulalia de Bóveda: novedades e propostas para a interpretación dun programa iconográfico.