Lugo homenaxea a Benxamín Casal

O acto é hoxe venres ás 20:00 h. no Círculo das Artes

O Club Cultural Valle-Inclán, o Círculo das Artes e a Editorial Galaxia lembrarán hoxe a quen foi o seu presidente, o intelectual galeguista Benxamín Casal, que finou neste 2013. O acto, que se celebrará no Círculo das Artes de Lugo este venres 17 de decembro ás 20:00, contará coa participación do Presidente da Xunta, Ramón Villares, presidente do CCG, de Víctor F. Freixanes e dos representantes das outras entidades convocantes e da familia. O colofón será un pequeno concerto de Najla Shami, a cantante galego-palestina que publicou o libro-disco "Na lingua na que eu falo", e que foi o último libro de Galaxia que Casal viu en vida.