Espello Cóncavo viaxa á Antigüidade con Romano

A nova produción da compañía estréase na Coruña o vindeiro 17 de xaneiro

Un vello senador romano volta á súa vila natal logo dos tumultuosos anos nos que o imperio foi rexido por Augusto, Tiberio, Calígula. Esta é a base de Romano a nova montaxe que a compañía Espello Cóncavo estrea este 17 de xaneiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A obra, con texto e dirección de Lino Braxe, con con Miguel Pernas no papel de senador, Manuela Varela como criada e mais Xosé Vilarelle. A produción conta tamén con música ao vivo da man da trompista Alma Sarasola e da mezzosoprano Rita Gasalla.