MarÃa e mais eu, a recoñecida banda deseñada na que Miguel Gallardo trata a relación que mantén coa súa filla MarÃa e o autismo que ela padece, está xa en galego. El Patito Editorial acaba de publicar este traballo, que sae con capa dura e 64 páxinas a dúas cores a un prezo de 12 euros. Ao tempo, Antonio Seijas anunciaba onte que publicará a súa terceira historia longa de banda deseñada coa valenciana Edicións de Ponent. O volume, que sairá en castelán aÃnda que se escribiu orixinalmente en galego leva o tÃtulo de La luz e non ten aÃnda data definitiva de lanzamento.