A comunidade de montes de Amoedo (Pazos de Borbén) está a preparar un roteiro de sendeirismo de catro quilómetros. Pero a singularidade deste roteiro é que permitirá ver unha das maiores concentracións de petróglifos e outros restos arqueolóxicos en menos espazo. O roteiro comprende 80 petróglifos e 22 mámoas. A senda compeltarase cun balizado da senda e información a través de Google Maps.