Eliminar intermediarios na arte, procurar unha conexión directa e interactiva entre público e artistas. Abrir novas vÃas para a creación. O proxecto En Tránsito nace desde Galicia coa intención de levar a espazos de toda a PenÃnsula as máis variadas propostas artÃsticas, unha iniciativa que vai para alén de montar teatro no salón do fogar.
O proxecto, que se presentou a finais de decembro de 2013, achega un catálogo de experiencias entre as cales o usuario pode seleccionar a que máis lle interese para a levar ao seu fogar ou a un espazo que el elixa. "A iniciativa xurdiu a partir dun proxecto de investigación que fixen sobre como colectivos independentes operaban no ámbito social", explica Natalia Balseiro, unha das promotoras, canda a Fernando Jiménez e Mercedes Peón, desta proposta. A partir disto "pensei en como trasladar isto ás artes vivas, tentar desvincular das institucións a relación dos artistas co público". Segundo sinala Balseiro, na actualidade "polo xeral son grandes institucións públicas ou, cada vez menos, privadas, as que desenvolven as programacións culturais. Son persoas destas entidades as que deciden cando e a quen programar". Fronte a isto, En Tránsito pretende "buscar un espazo estable, no sentido de permitirlle a unha persoa acceder a unha proposta cando queira". Nese sentido, levar as actuacións a domicilio presentouse como unha opción desde o comezo. "Permiten unha relación máis próxima, e ademais interésanos a idea de propostas fáciles de mover, que resulten sinxelas e non precisen grandes espazos".
A experiencias
O desafÃo de En Tránsito é, en boa medida, afacer o público a consumir cultura dun xeito ao que non estamos afeitos. "Do mesmo xeito que se fai un agasallo para un aniversario ou unha voda pódese contratar unha experiencia. Do mesmo xeito, cando te reúnes cos amigos, no canto de ir a unha casa de turismo rural ou a un balneario podes investir en arte e ter unha experiencia cun artista". Dentro do catálogo que propoñen, en proceso de ampliación, mestúrase a arte de Monica Alonso, a música de 2us ou proxecto culinario-sonoro de Xurxo Fernandez e Ytzjak de Oliveira. A estas súmanse aÃnda a poesÃa de Yolanda Castaño, a danza de Janet Novás ou La Macana ou a performance sonora/capilar de Mónica de Nut, entre outras. "Hai xente que vén da arquitectura e de ámbitos que polo xeral non se consideran artÃsticos, pero que nós incorporamos porque posibilitan ver outros mundos, e o que queremos afinal é que alguén che amose outros mundos na túa propia casa", explica Balseiro. Obradoiros sobre arquitectura, hortos domésticos ou o deseño de percorridos urbanos personalizados son algunhas das propostas pouco ortodoxas que se poden experimentar tamén no marco desta iniciativa.
No momento
A iniciativa coincide con propostas recentes na cultura e nas artes escénicas no campo do pequeno formato e na conexión directa co público. "Hai moitas micropropostas interesantes en Galicia e no resto do Estado. Trátase de iniciativas máis flexibles e volátiles, coas que queremos depender menos das grandes cousas e máis uns dos outros. Penso que iso está a acontecer coa vida en xeral e cada vez téntase máis xuntares con xente para facer cousas, mudar algo ou axudar, desde limpar un camiño, impedir un desafiuzamento ou ver un concerto acústico na casa".
Confianza
As accións que propón En Tránsito promoven unha relación máis horizontal entre público e creadores. "Abórdanse os artistas en espazos de intimidade, pódese falar con eles, coñecer o seu pensamento, a súa traxectoria e o que está detrás de cada espectáculo, por qué fan iso", lembra Balseiro. AsÃ, os momentos previos e posteriores a cada intervención pasan a facer parte da experiencia. "É diferente do teatro, onde vas, ollas e marchas, case todas as propostas permiten unha participación activa do espectador". Nese sentido apunta que o grande desafÃo para En Tránsito é "xerar confianza". Segundo a coordinadora da plataforma, "convidar alguén á túa casa require que confÃes nel. É por iso que nós para arrincar optamos por artistas que coñecemos. Agora pensamos que a clave vai estar no boca a boca. que cando alguén contrate unha experiencia fale dela e aos poucos se vaia dando a coñecer".
Flexiblidade
Lonxe de facer propostas fechadas, boa parte das que conforman o catálogo da iniciativa son modulares e poden se adaptar ás necesidades do usuario. "Ademais, tamén estamos dispoñibles a buscar novas propostas segundo o que nos pidan. En certo xeito podemos actuar como unha empresa de organización de eventos, pero no noso caso todos os eventos están desenvolvidos integramente por artistas". Con esta perspectiva, é polo momento moi cedo para avaliar o éxito da iniciativa, que se presentou no final de decembro. Balseiro sinala que "no tempo que levamos en marcha tivemos moito movemento nas redes sociais, moita xente que nos chamou e moitos artistas interesados en facer parte do noso catálogo, pero temos claro que este é un camiño de longo percorrido de hai que ir aos poucos".