A Fundación RosalÃa de Castro acolleu onte unha visita de Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura, destinada a visitar as obras de acondicionamento da emblemática casa museo da autora. Segundo a Fundación, "trátase dun investimento e dunhas obras necesarias para poder acometer posteriormente a reforma do perfil museolóxico da Casa-Museo e dotala de infraestrutura para a incorporación de novas tecnoloxÃas audiovisuais e novos servizos para os e as visitantes". A Fundación conta cun proxecto museográfico que cambiará o discurso do centro sobre a autora e agora mesmo "está inmersa na procura de
financiamento para levar adiante o novo proxecto".
financiamento para levar adiante o novo proxecto".