A Reitoral de San Xerome,en Compostela,acollÃa esta mañá a presentación de Sementar os ares novos. Homenaxe da USC a Francisco Fernández del Riego. Este volume, editado por Henrique Monteagudo repasa e contextualiza os anos universitarios do galeguista, ademais de recoller un facsÃmile do discurso co que Del Riego abriu o curso universiario en 1933. Pola súa banda, a Real Academia Galega celebra o vindeiro sete de xaneiro, a coincidir cos 101 anos do nacemento do galeguista, o acto literario Unha Galicia vivida: homenaxe a del Riego. Xesús Alonso Montero, VÃctor Freixanes, Salvador GarcÃa-Bodaño, MarÃa Dolores Villanueva, Ana Acuña e Ramón Nicolás intervirán nesta homenaxe.