Dúas reedicións para o público infantil protagonizan os lanzamentos de BD en galego para este Nadal. O álbum Fiz, de Kiko da Silva acaba de ver a luz da man de Retranca Editora nunha versión que achega novos contidos à versión que publicara no seu dÃa FaktorÃa K. Pola súa banda, Manel Cráneo recupera en Demo Editorial unha selección de A fraga Milmañas, a serie que publicou nas dúas épocas na revista Golfiño con guión de Carlos Amil.
De xeito paralelo, Xosé Tomás presentaba o pasado venres o primeir volume de Historia de Betanzos. Este proxecto repasa a evolución da vila en dous tomo de 80 páxinas nas que o debuxante contou co asesoramento de Raimundo Núñez-Varela, cronista oficial da Cidade dos Cabaleiros. O álbum, editado polo concello e dirixido aos máis novos, contou co apoio de entidades como Gadis e o Banco EchevarrÃa para a súa realización.