Paracetamol olla o punk no seu Enfermedades comunes

La Iguana Club acolle o vindeiro 4 de xaneiro a presentación do álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Paracetamol olla o punk no seu Enfermedades comunes

A mediados do pasado mes de decembro viu a luz Enfermedades comunes, o primeiro disco de Paracetamol. Este trío de punk-rock afincado a Vigo chega cunha fórmula na que o punk-rock se atopa co pop nunha liña que, con grandes toques de humor, recupera esencias de grupos como Siniestro Total ou Aerolineas Federales. Roque Cameselle, Coque Varela e Cristina Pena gravaron este seu primeiro proxecto en Oceano Estudios e mais no estudio Casero de Iván Ferreiro. O volume, editado por Rumble Records está dispoñible tamén en liña. A presentación oficial e estrea do grupo ao vivo será o vindeiro 4 de xaneiro en La Iguana Club de Vigo.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Crô! achegan Pera

Crô! achegan Pera

O grupo estrea a xira do seu terceiro traballo na sala Iguana de Vigo o vindeiro día 28

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Vigo, Iván Ferreiro, Roque Cameselle...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares