O poeta galego Fran Alonso e o maltés Antoine Cassar ofrecerán esta tarde un recital conxunto no Auditorio do Ágora coruñés. Será ás 20:30 h. dentro do ciclo Poetas Di(n)versos organizado por Yolanda Castaño. Os dous autores, segundo a organizadora, "teñen cuestionado o concepto das fronteiras xeográficas e reflexionado sobre os fluxos migratorios".