O 21 de marzo o Consello da Cultura Galega celebrou un recital moi singular. 150 anos despois da edición de Cantares Gallegos, nove poetas galegas "cantaron e homenaxearon" a RosalÃa de Castro, "nun Ãntimo e persoal diálogo cos seus versos aurorais". O recital presentarase este 26 de decembro, canda o resto de accións do CCG en relación ao ano RosalÃa de Castro. culturagalega.org vaite levar da man de RosalÃa de Castro e estas nove poetas ata o ano 2014. Hoxe, comezamos co prólogo da xornalista Comba Campoy.