Eloi Caldeiro, compositor, voz e baterÃa, aposta pola fusión de folk e flamenco para o novo traballo do seu grupo Brath. Codex é o tÃtulo do último disco desta veterana banda, editado por Sons Galiza. O traballo ten como eixe os camiños ata a fin do mundo e incorpora toques de música africana, árabe e medieval ademais de incorporar o guitarrista Alberto Lucena. Caldeiro conta con José Rubio, Santi Suarez, Tania Capón, Alberto Sánchez e Marcos Campos para xira de presentación en marcha, que ten no Teatro Colón da Coruña (o 20 de decembro) e en Arteixo (o 28) as súas vindeiras citas.