Relato cara a Tianamen Square é a obra coa que MarÃa Cristina Pavón Mouriz se impuxo no Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo. O premio que convoca a Fundación Padroado Pedrón de Ouro recibiu 61 obras que se disputaron os mil euros do galardón. A entrega celebrarase o 28 de decembro no Concello de Maside. De xeito paralelo, RosalÃa Fernández Rial e mais Lorena Souto quedaron finalistas no Premio Nacional de PoesÃa Miguel Hernández con cadansúa obra escrita en galego. No xurado deste galardón do Ministerio de Cultura, dedicado a creadores de menos de 31 anos, estaba Modesto Fraga Moure como representante da Real Academia Galega.