Hércules Ediciones presentou esta mañá no Consello da Cultura Galega a súa nova serie "A emigración galega", unha colección de volumes de gran formato, escritos por especialistas e cunha abundante presenza gráfica que contan a historia da diáspora galega. O volume co que se presentou a colección é a Emigración a América II (Sudamérica), coordinado pola profesora da USC Pilar Cagiao Vila. Os vindeiros volumes presentarán a emigración a España, a Europa, a Norteamérica e Centroamérica e Galegos no mundo.