A Xunta abriu o procedemento para a licitación da organización dos actos que vai desenvolver Cultura nas Feiras do libro Internacionais que terán lugar no ano 2014. En total son catro lotes que contemplan actuacións nas catro grandes feiras do ámbito internacional e latino: Boloña, Bos Aires, Frankfurt e Guadalajara. En total, os catro lotes suman case 120.000 euros (sen IVE) de custe, incluÃndo todo o equipamento e o traslado de relatores e convidados da ConsellerÃa de Cultura ás feiras (nomeadamente escritores).