Negreira despide a José Luis Pensado, pioneiro no estudio da nosa lingua

Adeus don Xosé

| | Seccións: Lingua
Compartir:

A lingüística galega está de luto. Académicos, amigos e familiares despedían onte en Negreira a Xosé Luis Pensado, quen desenvolveu en boa parte da súa vida un labor pioneiro no estudio da nosa lingua.

In memoriam

Antón Santamarina e Francisco Fernández Rei, entre outros, estiveron presentes no último adeus ó filólogo, onde recordaron a súa aportación á lingüística galega. Xunto a eles estaban numerosos políticos e amigos que non quixeron perder a oportunidade der rendirlle a súa última oportunidade.

Contribucións

José Luis Pensado(1924-2000) foi discípulo de Dámaso Alonso e catedrático de Lingüística Románica. A súa máxima aportación á nosa linguística veu nos eidos do léxico e das etimoloxías, en publicacións como a "Contribución a la crítica de la lexicografía galega" (1976); nos seus últimos anos comezou estudios no asturiano e no provenzal e tamén no medievalismo con obras como "Milagres de Santiago" (1958) e un fragmento dun "Livro de Tristán" (1962). Ademais, José Luis Pensado foi tamén premio Fernández Latorre.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Negreira, Antón Santamarina, Francisco Fernández Rei