
O falecemento en 2011 de Benito Losada, promotor durante 28 deste certame, deixaba o Outono Fotográfico ourensán nunha situación indefinida. No entanto, os seus sucesores á fronte do evento, Xosé Lois Vázquez e VÃctor Neves, continuaron coa tarefa enfrontando unha decidida aposta polo crecemento como xeito de viabilizar o encontro. Asà nacÃa o pasado ano a sección oficial do Outono e se anunciaba a intención de incrementar os contactos internacionais deste evento. Coa edición que se está a celebrar por todo o paÃs, con exposicións que prolongan ata xaneiro, verifÃcase a consolidación dun encontro que ameaza con non parar a súa marcha.
A dimensión
En total son 126 exposicións e 506 artistas en 41 localidades galegas, entre elas e por vez primeira as sete cidades do paÃs, sen esquecer 38 cursos e obradoiros. A maiores, Barcelona e Portugal fan parte tamén das mostras dun evento que abandona a súa etiqueta "de Ourense" para se afianzar como multilocal. Malia ás cifras, Vázquez non quere ser triunfalista. "Non quero pecar de orgullo e falar de consolidación. Dependemos de axudas públicas e toda consolidación queda relativizada xa que en calquera momento poden minguar". No entanto, recoñece que "logo do pasado ano e do que levamos deste, si podemos concluÃr que as liñas xerais e os obxectivos que nos marcamos están a se cumprir". Se o ano pasado a presentación no Paraty em Foco de RÃo de Janeiro e a colaboración co el Fòrum Fotogrà fic de Barcelona abrÃan a xeira de contactos internacionais, este ano dous eventos portugueses, o l Festival Encontros da Imagem de Braga o iNstantes de Avintes, súmanse ás colaboracións e intercambian mostras coa cita galega."Agardamos que esta liña de internacionalización continúe pouco a pouco, porque tampouco tempos moitos medios nin cartos para viaxar".
O premio
Como a grande novidade deste ano está a convocatoria do Premio Galicia de FotografÃa Contemporánea. "Esta vén sendo a coroa coa que sempre soñamos para o Outono Fotográfico, pensamos que aÃnda podÃa quedar máis lonxe. O certame funcionou moi ben, con fotógrafos de oito paÃses e un nivel moi alto". Posesións para un esquecemento de Daniel DÃaz Trigo foi a serie que se impuxo nesta primeira edición e que lle reportou ao seu autor 16.000 euros ademais da edición dun libro e dunha exposición que prevé itinerar durante cinco anos. O premio, que nace co apoio da Deputación de Lugo e mais da ConsellarÃa de Cultura, ten a peculiaridade de aceptar traballos que se realizasen nos últimos dez anos mesmo aÃnda que estivesen parcialmente publicados.
A veteranÃa
Na súa comunicación deste ano o festival destaca a súa lonxevidade. Estamos a falar do evento fotográfico máis antigo da PenÃnsula Ibérica e, segundo apunta Vázquez, "posiblemente o segundo máis antigo do mundo só por detrás do de Arlés, que ten máis de 40 anos". A pervivencia do evento sorprende a moita xente fóra do paÃs. "En moitos lugares non nos cren ata que visitan o web e ven que non esaxeramos. Non conciben ademais que poidamos facer un evento destas dimensións, de tres meses de duracións e tantas sedes, e non entenden por qué non se coñece máis. Para nós, isto amosa o nivel de periferia que é Galicia no conxunto do Estado e Ourense dentro de Galicia". No entanto, en xeral, a aceptación é moi positiva. "aÃnda que é algo totalmente atÃpico, resulta relativamente sinxelo de explicar e de entender.
Influencia
Sen entrar a valorar a pegada que poden ter deixado tantas edicións deste encontro sobre a arte da imaxe en Galicia, o coordinador sinala que "a pervivencia do Outono ao longo dos anos indubidablemente tivo que ter unha incidencia a nivel de actividade fotográfica. É difÃcil de definir, pero sen dúbida feitos como a presenza de moitos autores de nivel internacional en diferentes edicións deixaron a súa pegada en autores máis novos". Nese sentido apuntan as posibilidades formativas que ten este evento. "SerÃa interesante empregar o Outono como instrumento de aprendizaxe, xa que achega exposicións de moi bo nivel con contextos curatoriales que explican moi ben o que se expón, e diso pódese aprender moito", sinala.
As vÃas para saÃr
Para Vázquez dúas variables explican o maior recoñecemento internacional do evento. "Por unha banda está a rede, que traballamos moito estes últimos anos ao potenciar o web e traballar moito Facebook, Twitter en Yotube", explica. "Por outra banda, o cambio de dirección que lle imprimimos ao Outono, coa sección oficial, homologou o festival internacionalmente, fai máis sinxelo presentalo fóra, aÃnda que continúe a ser unha mestura". De cara ao futuro, consolidar a vocación internacional do encontro preséntase como unha prioridade para o Outono. "Outra proposta que queremos desenvolver é consolidar, dentro dos enormes lÃmites que temos, un mercado de coleccionismo de fotografÃa en Galicia".
GalerÃa: Outono Fotográfico 2013
Aude Leonard. FotografÃa da serie Slumberland. Fonte: Outono Fotográfico

Imaxe de Naturaleza artifical, de Cynthia Nudel
Fonte: Outono Fotográfico

David Salcedo. Rendición
Fonte: Outono Fotográfico

David Simon Martret. Austrralian dream
Fonte: Outono Fotográfico
Alvaro Laiz e David Rengel. Future Plans
Fonte: Outono Fotográfico

Ocultacións e inexistencias. Daneil DÃaz Trigo
Fonte: Outono Fotográfico

Xulio Correa. Take my picture
Fonte: Outono Fotográfico
Fonte: Outono Fotográfico