Viriscrón, unha nova compañÃa teatral formada este mesmo outono, presenta a súa primeira obra. O actor Ricardo de Barreiro e o músico Guillerme Fernández participan na montaxe de Do desamor e outras mariconadas, unha obra que parte do poemario homónimo de Barreiro e na que se integran os versos con música e acción escénica. A Casa Tomada da Coruña acolle esta noite esta proposta a partir das 21:30.