El enigma del convento é a obra coa que o peruano Jorge Eduardo Benavides acaba de gañar o Premio de Narrativa Torrente Ballester na súa XXV edición. O galardón que concede anualmente Deputación da Coruña está dotado con 25.000 euros de premio e contou nesta edición con 593 participantes. É o quinto ano conseccutivo que unha obra en castelán se impón neste certame, que está aberto a traballos nesa lingua ou en galego.