
Culturactiva
Máis de dez anos de actividade avalan o traballo deste grupo, que se presesnta como "distribuidora lÃder en Galicia de teatro cómico e de rúa". Co Festiclown como bandeira, a empresa centra o seu traballo no mundo do clown e das artes escénicas, atendendo tamén a iniciativas cun carácter social e sustentable como é a feira Terractiva. Pola banda solidaria, é coñecido o seu traballo no festival Pallasos en RebeldÃa e outras iniciativas similares.
Web de Culturactiva
Melandrainas Creativa
As artes escénicas e a animación orientada aos máis novos é o eixe da actividade desta cooperativa, que leva xa uns anos a traballar. Para alén de montar espectáculos, e da preocupación por recuperar o café-teatro, tamén abordan tarefas de formación.
Facebook de Malandrainas
Urdime Xestión
Propostas culturais centradas na infancia e na xuventude, artes escénicas, comunicación e xestión administrativa para entidades culturais son algunhas das propostas da empresa. No seu catálogo atopamos tamén a representación de compañÃas como Fantoches Baj, Teatro Antroido, Os tres tenedores ou a MagÃn Blanco.
Urdime
Teixugo
Interpretación e xestión ambiental ou interpretación de patrimonio son algúns dos ámbitos que se abordan deste Teixugo. A cooperativa xorde do encontro de profesionais de ámbitos como a BioloxÃa, a Educación Ambiental, o Maxisterio, a PedagoxÃa e o Conservacionismo.
Teixugo
O Cable Inglés
Nada en 2012, esta cooperativa achega desde a xestión de proxectos culturais a deseño web, pasando por servizos de comunicación. Entre os seus proxectos está a coordinación dos Premios Galegos da Música ou o ciclo de concertos que desenvolven coas adegas MartÃn Codax.
O Cable Inglés
Ardora
Esta cooperativa centra a súa actividade na creación de contidos educativos para o web e no desenvolvemento da aplicación informática do mesmo nome, que permite desenvolver múltiples actividades interactivas para os máis novos.
Ardora
Trespés
En Redondela desde 2011, esta cooperativa oferta servizos que van desde a formación e a produción de contidos ata traballos de investigación e consultorÃa. Entre as propostas máis coñecidas está o seu traballo no proxecto Mar, traballo e patrimonio para a posta en valor da enseada de San Simón ou o proxecto Oucas para a posta en valor das algas como recurso en Baiona. Tamén son os responsables de desenvolver o documental En todas as mans sobre o monte en mancomún.
Trespés
Sonaxe
A cooperativa naceu en 2008 da man de varios profesores da escola de música de Boiro. Ante a desaparición da empresa que xestionaba este centro, acordaron constituÃrse como cooperativa para continuar o seu traballo. Para alén de continuar con este labor, ampliaron a súa acción á edición de discos e a promoción musical.
Sonaxe
Cestola na Cachola
Nada este mesmo 2013, esta cooperativa pretende combinar a creación plástica co activismo social. Murais, obradoiros de serigrafÃa ou reutilización de roupa e a promoción de formas de consumo responsable fan parte desta iniciatia na que se reúne o traballo de especialistas en economÃa e de creadoras artÃsticas.
Cestola na Cachola
Imperdibles
Representación de grupos, organización de eventos relacionados coa música ou obradoiros de formación centran o traballo desta cooperativa nada en 2010. Na súa carteira, proxectos como os de Sérgio Tannus, Xoán Curiel ou Ophiusa.
Imperdibles