As cooperativas desembarcan en Culturgal. Dez empresas deste tipo comparten por vez primeira, da man do Consello Galego de Cooperativas, un posto e un nutrido programa de actividades. Trátase de firmas polo xeral novas, que apostan pola interdisciplinariedade e que ofertan completos catálogos de servizos nos máis diversos ámbitos. Exploramos un xeito de se organizar que gaña puntos no ámbito cultural.
Son dez empresas de servizos socioculturais de diversos tipos. Desde o management de grupos musicais ou compañías escénicas ata a xestión de eventos, a comunicación, o deseño ou mesmo a creación de murais. As cooperativas culturais amosan o seu traballo e reclaman a súa importancia e potencial no panorama galego. Segundo recoñece José Manuel Aldea, director do evento, "para nós foi unha grata sorpresa. Estamos contentos de que por fin esta parte da industria cultural que son as cooperativas se integren en bloque na proposta da feira". Non son nin moito menos as únicas propostas que empregan esta fórmula no país, pero pódennos dar unha idea de como se están a mover este tipo de empresas.
Variedade moza
Algo que teñen en común a maior parte das participantes é a súa mocidade. Fóra do exemplo destacado de Cooperactiva Cultural Culturactiva, que leva a amosar a viabilidade deste formato desde hai máis de dez anos con eventos como o Festiclown ou Terractiva, as empresas que dan a coñecer o seu traballo no Culturgal non chegan na maior parte dos casos os cinco anos de existencia. Canda á mocidade, verifícase tamén unha coincidencia no feito de que as firmas consultadas ofertan cada unha delas unha ampla variedade de servizos. Comunicación, deseño, xestión de redes sociais, organización de eventos, creación de contidos e mesmo formación fan parte do catálogo de moitas destas iniciativas. Se acaso, onde se pode atopar unha certa especialización é nos ámbitos nos que traballan. Así, Cestonacachola está mais orientada ao deseño, a ilustración ou a creación gráfica, Sonaxe e Imperdibles abordan moitos dos seus proxectos a partir da música mentres Culturactiva, co o clown e o novo circo e Urdime, con énfase nos espectáculos para público infantil e xuvenil, centran a súa acción nas artes escénicas.
Unión de disciplinas
A interdisciplinariedade semella ser outra característica das cooperativas culturais galegas de hoxe. Para alén da ampla gama de servizos que ofertan, moitas das empresas que poderemos coñecer no Culturgal están conformadas con persoas chegadas de diferentes disciplinas. Músicos, creadores gráficos, xornalistas, antropólogos, biólogos, economistas ou historiadores comparten o seu coñecemento para desenvolver novos proxecto que, a miúdo, reflicten esa multiplicidade de disciplinas. Así desde Trespés, Paulo Jablonski apunta que "vimos de tres ámbitos académicos e profesionais, somos un xeógrafo, unha bióloga e un antropólogo que cubrimos as partes cultural, ambiental e social. A idea era xuntar inquendanzas e convertelas nunha ampla carta de servizos cunha perspectiva holística para os proxectos". Marián Fernández, de O Cable Inglés apunta que "vimos que eramos un grupo que se complementaba moi ben e con experiencia en diferentes ámbitos necesarios para conformar experiencias culturais". Xestión económica e cultural e comunicación compleméntanse cun coñecemento en deseño que, segundo recoñecen "é o que alimenta día a día a cooperativa, alén de grandes proxectos". Do mesmo xeito en Cestola na Cachola, Raquel Doallo apuntan que "somos de áreas diferentes. Parte ven do mundo da ilustración e da pintura, con experiencias en murais ou contos infantís, e outros da economía e do mundo do activismo ou das cooperativas sociais"
As razóns do modelo
Á hora de apostar por este modelo para constituír as empresas, na maior parte dos casos consultados revélase unha especial importancia dunha visión concreta sobre a economía e a función da empresa. "A aposta pola cooperativa pareceunos natural, xa estábamos noutras iniciativas vencelladas ao asociacionismo e á cultura solidaria", recoñece Doallo desde Cestola na Cachola. Jablonski, de Trespés, pola súa banda, lembra que "este é un modelo non mercantil, cunha serie de elementos filosóficos que fan que nos sintamos cómodos. Entendemos a cooperativa como un modelo que aposta por unha autonomía social á marxe da busca de lucro. Funcionamos como asemblea permanente e buscamos tamén aplicar uns criterios nas empresas coas que temos que contratar ". Este desexo de desenvolver modelos democráticos de empresa nos que a decisións se tomen de xeito horizontal e igualitario pesa tamén noutras entidades. Desde O Cable Inglés, por exemplo, apuntan que a cooperativa "responde a unha necesidade de buscar unha fórmula que responda aos nosos valores. Permite tomar decisións en igualdade e que todo o mundo reciba a súa remuneración segundo traballe e non segundo a achega económica que puidese realizar". De xeito semellante en Imperdibles "pareceunos o xeito máis equitativo de traballo e a organización máis horizontal", sinala Susana Garazo.
A ideoloxía de procurar unha maior sustentabilidade económica e social déixase ver tamén a miúdo nos proxectos que se abordan deste este tipo de firmas. En Trespés, por exemplo, "queriamos que os nosos proxectos tivesen unha pegada social positiva e incidisen na realidade máis próxima a eles".
En crecemento
A mocidade de moitas das empresas se pode interpretar como un interese crecente por este xeito de xestionar o traballo. En xeral, as persoas consultadas coinciden en sinalar que o cooperativismo está chamado a incrementar a súa presenza no ámbito cultural. Segundo apunta Fernández, de O Cable Inglés,"nos foros no que participamos sempre dicimos que semella que o sector cultural está especialmente preto en valores do sector cooperativo. Moita xente do mundo da cultura ten este posicionamento que se pode considerar algo idealista de funcionar en igualdade. O que acontece que logo existe moito descoñecemento á hora de dar o paso e se constituír como empresa, e aí penso que cómpre máis traballo do man do Consello Galego de Cooperativas, aínda que penso que a cousa non vai mal". Aldea, pola súa banda, relaciona esta emerxencia do modelo cooperativo cun fenómeno máis xeral. "En todo o tecido empresarial estamos a asistir a unha hibridación de produtos. Os tempos das propostas únicas, das editoras únicas ou das propostas artísticas que van dirixidas a un só formato teñen os días contados. A hibridación nos produtos leva tamén á hibridación nas empresas e a cooperativa é unha fórmula que se está a ver como exitosa para propostas transversais que poden unir música e literatura ou teatro. Entendemos que hai un longo camiño por percorrer a través delas". En Cestola na Cachola teñen tamén claro o futuro desta forma de se organizar. "Aos poucos o traballo colectivo e conxunto está a amosar que dá mellor resultado que o individual. Pensamos que a presenza de varias cooperativas no Culturgal reforza a idea de que se pode traballar neste xeito.
Desde Trespés, Jablonski apunta que "non sei se unha renovación pero si que está a dar unha reestruturación obrigada no campo das industrias culturais. A maior parte do sector cultural dependía ou alimentábase moito dos subsidios públicos e iso agora está a desaparecer. Entón hai que repensar as empresas, e hai quen aposta por produtos de calidade e por achegar un plus que non vén da rebaixa dos prezos, senón de incluír activos e achegar valor engadido". En Imperdibles consideran que "a xente está a amosar que ten máis ideas á hora de facer proxectos, con iniciativas como o crowdfunding. Esfórzase en saír do modelo de empresa que había antes na cultura e que ao mellor estaba máis orientado cara á administración".
Non son nin moito menos as únicas empresas deste tipo, mas amosan un xeito de entender a nosa cultura que, aínda que pequeno, ten visos de ir medrando. Haberá que lles seguir a pista.