Menos tÃtulos, con tiraxes máis reducidas e cun prezo máis alto. Asà é o panorama da edición en Galicia e en galego durante os últimos anos, se ben as editoras conseguen manter a facturación no medio da crise. Son datos do último informe do Observatorio da Cultura Galega sobre o sector do libro e xa dispoñibles en Internet.
O número de tÃtulos editados en galego “tocou fondo” no ano 2012, con 1.621 tÃtulos editados. O galego está moi por baixo do catalán (9.326) e por primeira vez é superado polo éuscaro (1.810) en número de tÃtulos. AÃnda que o contexto xeral de caÃda é global para todas as linguas do Estado, “a lingua máis afectada é a galega”.
Sen embargo, as empresas mantiveron a facturación previa. “En Galicia aumenta lixeiramente en 2012 con respecto a 2011, tanto na facturación total como na facturación en galego, ao contrario do que acontece no conxunto de España onde diminúe en 2012 un 10,9% con respecto ao ano anterior. Outro dato salientable é que o prezo medio dos libros aumentou todos os anos e que as vendas de libros se incrementaron en 2012 nun 28,7% de exemplares, “polo que chama a atención que diminuÃra un 10,9% a facturación”. O informe sinala que a destrución de emprego no mundo editorial é parella á do resto de sectores económicos de Galicia.
O sector do libro xenera en Galicia uns 190 postos de traballo, pero en 2012 perdéronse un 18,6% de empregos (39 postos).
Tiraxe media
En Galicia editáronse en 2011 30.258 exemplares de libros, Isto dá unha tiraxe media de 1.137 exemplares por publicación, unha cifra en descenso pero non tan acusada coma no resto do Estado. En total, as editoras teñen na actualidade un catálogo vivo de libros de 13.292 publicacións, das cales 10.800 están en lingua galega.