Kalandraka edita o proxecto Corasons

Fotografías, un documental e un disco reúnen 29 creadores de Galicia e Portugal

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Kalandraka edita o proxecto Corasons

Comezou cunha convocatoria nas redes sociais, seguiu cunha exposición de fotografías de Isabel Leas e continuou con varios recitais nos que artistas galegos e de diferentes países da lusofonía compartían escenario. Agora, CoraSons, o proxecto que coordina Uxía Senlle ve a luz na forma dun libro-CD-DVD no que participan 29 músicos e creadores e que achega ademais as fotografías do proxecto e un documental que amosa o proceso de xestación do mesmo.

Kalandraka publica este volume que recolle 19 temas a cargo de, entre outros, João Afonso, Sérgio Tannus, Najla Shami, Xoán Curiel, Aline Frazão ou António Zambujo. O volume presentarase o vindeiro sábado 30 de novembro ás 13 horas no Espazo Libro do Culturgal e protagonizará un concerto no Espazo Carpa ás 20 horas.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

O tesouro da Guarda

O proxecto Tesouros vivos do mar amosa o patrimonio marítimo inmaterial deste concello

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Kalandraka, Portugal, Uxía Senlle...