Unhas xornadas conmemoran os 40 anos da Mostra de Teatro de Ribadavia

Celébranse os días 13 e 14 de decembro nesta vila

Hai corenta anos, o grupo Abrente botaba a andar a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Para conmemorar a efeméride, a organización deste evento e mais a Real Academia Galega organizan os vindeiros 13 e 14 de decembro unhas xornadas nesta vila. No encontro abordarase mediante conferencias e mesas redondas a xestación das xornadas e o fito que supuxo este evento para o teatro galego. Manuel Guede, Roberto Pascual, Cándido Pazó, Xesús Alonso Montero ou Antonio Simón son algúns dos convidados. O programa inclúe tamén a representación da obra de Roberto Vidal Bolaño Bailadelas da man de Teatro Antroido.

Programa das Xornadas Abrente.