O rexeitamento da LOMCE congrega 482 persoas da cultura

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregaba onte na xunta as súas sinaturas

Son persoas vencelladas ao mundo da cultura entre músicos, traballadores das artes escénicas, membros de asociacións, escritores ou creadores de artes plásticas e visuais. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entregaba onte no rexistro da Xunta os pregos nos que recollía as 482 sinaturas coas que estas persoas se adherían ao manifesto Cultura galega contra a LOMCE, que denuncia os efectos nocivos da nova lei educativa que promove o Partido Popular. Agustín Fernández Paz, Xabier Docampo, Suso de Toro, Rafa Villar, Marta Dacosta, Isabel Risco, Pepe Carreiro, Xosé Lois O Carrabouxo ou Bieito Lobariñas son algúns dos persoeiros que participaron no acto de presentación.