Tuerka Teatro pon en escena O xardín das pernas roubadas

A compañía recupera un texto de Xoán Carlos Mejuto para a súa nova montaxe

Unha comedia "aceda" e de humor "vermello". Esta é a aposta da compañia coruñesa Tuerka Teatro para a súa nova produción. O xardín das pernas roubadas recupera un texto de Xoán Carlos Mejuto que se representara polo grupo afeccionado Teatro da Bufarda. O pasado 31 de outubro presentábase a nova versión desta montaxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A vida dunha illa onde moran estraños personaxes vese alterada pola aparición na praia dun soldado náufrago.