O Premio de PoesÃa Erótica Illas Sisargas que organiza o Concello de Malpica e mais a Asociación Cultural Caldeirón ten xa gañador na súa VIII edición. Ramón Neto impúxose entre as 15 obras presentadas ao certame co seu poemario Dominio Público, unha obra na que alterna verso con prosas poéticas. O xurado destacou a riqueza e variedade do léxico do autor e a multiplicidade de puntos de vista que achega na obra. Asimesmo, propuxo unha mención para a obra Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica MartÃnez Delgado.