Os editores ollan para as bibliotecas. As necesidades que estes centros detectan na transición á lectura dixital asà como as solucións que lle dan marcan o X Simposio o Libro e a Lectura que se celebra hoxe no Consello da Cultura Galega baixo o lema O futuro da biblioteca no entorno dixital.
Non é a primeira vez que o simposio dos editores se dedica a estes centros de lectura, mais desta volta, “trátase de abordar o futuro desde o tránsito cara ao paradigma dixital”. Nese campo, sinala Bragado, “as bibliotecas son as institucións principais para o acceso á lectura en condicións de igualdade por parte de toda a cidadanÃa”. No entanto, fronte a esta función clásica, este tipo de espazos están a ampliar as súas funcións. “ten un papel importante no fomento da lectura, pero tamén na alfabetización dixital, sobre todo neste momento no que se está a incorporar a nova lectura sobre pantallas e soportes dixitais que integran o hipertexto”. Segundo explica Bragado, a situación “provoca novos retos aos que as bibliotecas teñen que facer fronte e solucionar problemas para os que non existen aÃnda alternativas claras, especialmente no caso dos préstamos para lecturas en soportes móbiles”. Dentro desta problemática, o presidente dos editores salienta “o que está a acontecer coas bibliotecas no contorno escolar, coa súa incorporación a estes procesos de tránsito dixital”.
A experiencia dixital na Coruña
Unha das convidadas a explicar a súa experiencia no encontro é Maria del Mar Larouba, directora da biblioteca González Garcés da Coruña, xestionada pola Xunta. O centro desenvolve, entre as súas múltiplas actividades, proxectos de alfabetización dixital. “Temos unha aula Cemit (Centros para a Modernización de Inclusión Tecnolóxica) e cursos propios de ferramentas web e informáticas para os usuarios”, explica. Canda a isto, como xa vai sendo habitual en diferentes bibliotecas do paÃs, o centro ten dispoñibles ordenadores con conexión gratuÃta a Internet, wifi e préstamos de DVD, CD ou mesmo libros electrónicos cos seus aparellos de lectura.
Éxitos e algún fracaso
Como principais éxitos na incorporación das novas tecnoloxÃas, Larouba apunta que “cada vez máis o usuario vaise dando conta de que a biblioteca é un lugar onde atopar algo máis que libros”. E nese sentido salienta o éxito de soportes como DVDs ou CDs. “Teñen unha proporción altÃsima de préstamos en relación co volume de fondos que temos no conxunto”, unha aceptación que tamén se observa na utilización dos computadores para acceder á rede. “O emprego das redes sociais ten moito éxito, aÃnda que os usuarios maiores teñen más problemas para se achegar a elas”. Entre as áreas nas que se detecta máis reticencia nesa transición, a directora da González Garcés apunta o préstamos de lectores e libros electrónicos. “Funcionan, pero menos do que agardabamos. Non sabemos exactamente por qué, supoñemos que son múltiples causas e aÃnda é moi cedo para facer unha avaliación, hai que lle dar tempo”. A se enfrontar aos retos deste novo xeito de traballar “os profesionais non temos problema. Penso que a maiorÃa estamos moi concienciados de que temos que ofertar información aos usuarios en calquera soporte”, explica.
O novo modelo
Dentro dos retos pendentes está o xeito no que as bibliotecas asumirán a distribución en préstamo de productos electrónicos. “Un libro non ten problema. Está editado, adquÃrese, procésase e ponse a disposición. Os soportes electrónicos esixen un intermediario, unha plafatorma e unha rede para transmitir esa información aos usuarios. Penso que o problema está mais nos editores e distribuidores que deben atopar o seu modelo. Nós temos claro que unha información publicada lle interesa ao público e o que temos que facer é achegarlla”, sinala a directora. Nesa liña, adianta que “vai haber unha mudanza moi grande no sistema de selección de obras e no xeito no que os usuarios das bibliotecas accederán a elas”. O feito de se tratar de contidos intanxibles vai facilitar que se dea “unha maior centralización na adquisición de obras e nas plataformas de acceso. Cada biblioteca non pode ter a súa. Logo seguramente falaremos de licenzas de uso, aÃnda que non se sabe ben cal será o sistema de pago. De modelos como o das bibliotecas universitarias, que hoxe pagan cantidades autonómicas por subscricións, posiblemente pasemos a licenzas de carácter nacional”. É dicir, que unha entidade central adquirirá o dereito de que as diferentes bibliotecas que dela dependen poidan emprestar en determinadas condicións certos produtos dixitais. “Aquà será a Biblioteca de Galicia o centro de referencia neste sentido”. O proceso está xa se a abordar desde experiencias como Galiciana, a Biblioteca Dixital impulsada desde a Xunta que oferta unha grande cantidade de material libre de dereitos Nese sentido, segundo lembra esta bibliotecaria, o Ministerio de Cultura convocou un concurso, pendente de resolución para dotar dunha plataforma e de contidos de libros electrónicos para as bibliotecas de todo o territorio estatal, e a Biblioteca Nacional iniciou contactos coa entidade Red.es para recolectar o depósito legal das publicacións electrónicas.
Editoras e bibliotecas
En canto á relación entre a edición e as bibliotecas, lonxe de considerar unha competencia o préstamo gratuÃto de libros, Bragado sinala que “canto máis socios teñan as bibliotecas mellor. É un sinal de vitalidade no sector da lectura. O seus usuarios son lectores que mercarán libros para ler ou agasallar. As bibliotecas teñen todo tipo de soportes, obras de referencia e xeran debate arredor dos libros con actividades como os clubs de lectura”. Ademais, salienta que o traballo dos bibliotecarios “é decisivo para os editores. Trátase dunha institución esencial para a mediación entre o autor e os lectores. Debemos colaborar e coñecer o criterio dos bibliotecarios, que moitas veces nos orientan para a confección de catálogos, sinalan as nosas carencias ou nos orientan nun diálogo que deberiamos potenciar”. Do mesmo xeito, a directora da González Garcés apunta que “temos que atender as demandas dos usuarios, e os editores ven que as bibliotecas adquiren determinadas obras e non outras, teñen tamén que se mover. Podemos ser un paradigma para ver como mudan os hábitos de lectura, que é o que a xente está a demandar”. Canda a isto, non se pode esquecer o papel das bibliotecas como clientes dos editores ao adquirir as novidades editoriais de xeito masivo, un investimento que Bragado non dubida en calificar como “moi importante” para o sector. Hai que pensar que existen publicacións de grande formato, enciclopedias ou coleccións que atopan nestes espazos os seus clientes idóneos. Canda a isto, Bragado lembra que as bibliotecas permiten o acceso a obras que xa non están nas librarÃas”. Coincide neste sentido con Larouba, quen apunta que “un servizo básico que lles damos ás editoras é o do Depósito Legal. Conservamos, almacenamos e difundimos material desde 1958. Eles saben que o temos e poden obter esa información para a reeditar”.
A importancia e os recortes
Bragado sinala ademais a importancia destes centros para as comunidades nas que están inseridas. “A biblioteca é a primeira institución cultural para a comunidade local. Está a biblioteca, o centro de saúde e o centro educativo”. A partir deste papel fundamental, Bragado denuncia a precarización que están a sufrir estes espazos para a lectura. “Nos últimos anos o Ministerio de Cultura suprimiu as partidas para adquisición de novidades, que é un dos maiores disparates que se teñen cometido no ámbito da cultura. En Galicia reducÃronse practicamente un 65% os fondos para adquisición de fondos” explica. “Nestes tempos onde se incrementa a desigualdade social, o papel que teñen para garantir o acceso á lectura en igualdade faise aÃnda máis importante. E iso pódese comprobar a ver o incremento no número de usuarios e de préstamos”.