Dez bandas colaboran no primeiro libro-disco dos Bolechas

Os Bolechas fan unha banda está editado por Bolanda

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Dez bandas colaboran no primeiro libro-disco dos Bolechas

Da música tradicional ao rap a pasar polo pop. O primeiro libro-disco dos Bolechas, que se presentou esta semana, toca todos os estilos da man de dez grupos galegos. Pandeiromus, O Sonoro Maxín, Novedades Carminha, Ataque Escampe, Sés, Transilvanians, The Homens, Eladio y los Seres Queridos, Álex Casanova e AID achegan ao proxecto cadanseu tema inédito. Os Bolechas fan unha banda foi editado por Bolanda, e inclúe ademais un libro ilustrado por Pepe Cararreiro sobre os irmáns máis coñecidos polas crianzas do país.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Aid, Sés, Pop, Novedades Carminha...