Os Bolechas estrean programa na TVG 2

Os personaxes de Pepe Carreiro estrean web e Facebook

20/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
43 lecturas | Compartido 1 veces

Fotograma de Os Bolechas

Esta mesma mañá de luns de Entroido, os Bolechas, coñecidos personaxes infantís creados por Pepe Carreiro, dan o salto á televisión. A TVG emite, na súa segunda canle e no marco do Xabarín Club o primeiro programa protagonizado por esta familia, na que os irmáns collen forma mediante monicreques. Unha historia sobre o Entroido, karaoke, un espazo de aprendizado e mesmo unha pequena clase de inglés compoñen este espazo de media hora, que se emitirá ata o vindeiro mércores e que inicia esta nova etapa dos personaxes. canda ao programa, os Bolechas estrean web e perfil en Facebook.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Pepe Carreiro, Facebook, Entroido...