Modelar con números

A xornada "A modelización da terra en Galicia" reúne no CCG a investigadores de diferentes disciplinas

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Modelar con números

A matemática Elena Vázquez, a coordinadora das xornadas "A modelización da terra en Galicia", define o seu oficio como "facerlle unha foto á realidade cunha cámara que precisa información interdisciplinar". Os modelos matemáticos permiten explorar a realidade física de Galicia e axudar a comprender a realidade e mesmo avanzar algo na súa evolución, sempre "con humildade".

O Consello da Cultura Galega está a celebrar hoxe esta xornada coa participación de matemáticos e expertos doutras disciplinas científicas que debaten sobre modelos sobre cambio climático, os modelos preditivos da atmósfera, a xestión dos ríos galegos ou os modelos socioeconómicos.

En pleno auxe dos "big data" e do almacenamento na nube, Galicia sobrancea, a xuízo da profesora Elena Vázquez, no ámbito da elaboración de modelos matemáticos da realidade. Aínda que os medios de comunicación tenden a destacar as posibilidades preditivas destes modelos para ofrecer un futuro, Elena Vázquez prefire ser cauta: "o honesto é transmitir cal é a fiabilidade dos modelos, a súa credibilidade". No exterior está recoñecida en Galicia en ámbitos como a matemática industrial ou recoñecemento ás empresas.

Sen embargo, a compartimentación do coñecemento fai que moitas veces os científicos galegos colaboren máis cos seus colegas internacionais nas mesmas disciplinas que coñezan as experiencias en modelización de científicos galegos doutras áreas. "O obxectivo de todos é coñecer que é o que estamos a facer todos, compartir información entre todos nós".

A xornada "A modelización da terra en Galicia" celébrase hoxe no Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Os números e o Prestige

Os números e o Prestige

A investigadora María Loureiro presentou a análise sobre os custos do desastre na xornada do CCG sobre Modelización da Terra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Medios de comunicación