Con grandes doses de ironÃa e a intención de facer "música positiva" e "para quem quer evadir-se do cotidiano a través da beleza", acaba de facer a súa presentación Sons bonitos pero nazis. O novo selo discográfico debuta no campo da edición con A besta da festa, o primeiro single de Léria. Dous temas de música electrónica con guitarras contundentes e toques industriais que, como non, contradÃn a declaración de intencións do selo.