Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, reivindicou esta mañá na Comisión de Asuntos Iberoamericanos do Senado o papel de Galicia como espazo privilexiado para a relación con Iberoamérica e a comunidade lusófona. Villares explicou no Senado o traballo e proxectos do CCG en relación á diáspora galega en América e achegou a visión da institución sobre como Galicia pode servir de ponte entre España e as comunidades iberoamericanas, por unha banda, e coa lusófona por outras.
O presidente do CCG destacou que os obxectivos da institución en relación á diáspora pasan por reivindicar o papel histórico da emigración internamente a través de diferentes iniciativas divulgativas que faciliten a toma de conciencia da poboación ao redor da relevancia da emigración na modernización da nosa sociedade. Asemade, Villares sinalou que é preciso repensar como relación estratéxica a posición de España con Portugal en relación a outras linguas coma o inglés. Villares destacou a capacidade de Galicia de servir como ponte ou vínculo entre as dúas linguas para obter unha relación máis proveitosa.