Amplíase o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega

A nova versión conta con 68.000 formas gravas

Onte presentouse a nova versión do Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega, desenvolto polo Instituto da Lingua Galega en colaboración coa Consellería de Cultura. O dicionario permite facer buscas tanto por formas fonéticas como por ortográficas e foi a xornalista da Radio Galega Belén Regueira quen puxo voz ás palabras do dicionario. A nova versión conta con 68.000 formas gravadas, entre as que se contan os 1000 nomes de persoas máis frecuentes, 1.500 apelidos galegos e os nomes de todas as comarcas, concellos, parroquias de Galicia canda outras referencias da toponimia.