Retiran obras da exposición da Fundación Seoane en protesta pola destitución de Silvia Longueira

Francisco Pillado e Lino Braxe deciden retirar obras pictóricas do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Segundo informa Praza, os coñecidos persoeiros da cultura Francisco Pillado -editor de Laiovento- e o actor Lino Braxe decidiron retirar os fondos que tiñan cedidos á Fundación Luís Seoane en protesta pola decisión da concelleira de Cultura da Coruña de destituír a Silvia Longueira como directora. Francisco Pillado xa retirou as súas obras mentres Lino Braxe fixo un anuncio público e deberá solicitar formalmente a súa retirada. Longueira fora edil socialista durante o anterior Goberno municipal do PSOE.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lino Braxe, Fundación Seoane, Luís Seoane, PSOE...