Chámanse Gökçenur Ç (TurquÃa), Kätlin Kaldmaa (Estonia), Xuan Bello (Asturias), Samira Negrouche (Alxeria), Lawrence Schimel (EEUU), Anna T. Szabó (HungrÃa) e Isaac XubÃn (Galicia). Os sete, coordinados por Iolanda Castaño, séntanse na Illa de San Simón e a través do inglés, a lingua franca do proxecto, traballan cunha selección de textos poéticos propios verquidos ao galego. Ao mesmo tempo, desde hoxe comeza un programa de recitais públicos en diferentes cidades. Pontevedra acolle hoxe mércores na Casa das Campás o recital "Atendendo ao meu amigo", a Casa Galega da Cultura de Vigo é o espazo no que se celebrará mañá xoves 17 a mesa redonda "Cercando as ondas" e o venres, no auditorio do multiusos de Redondela, o recital "Atendendo ao meu amigo".