O premio Astrid Lindgren de Literatura Infantil e Xuvenil, considerado o equivalente ao Nóbel nos libros para este público, conta un ano máis con presenza galega. AgustÃn Fernández Paz recunca como candidato a estes galardóns, sendo o único escritor do Estado proposto, canda a outras catro candidaturas que corresponden a ilustradores e organizacións. Fernández Paz xa fora proposto para este galardón nas edicións de 2008, 2009, 2011 e 2013 e nesta xeira compite con 238 propostas de 64 paÃses.