Historias, mitos e monstros do mar de Galicia é o lema das VI Xornadas de Literatura de Tradición Oral. O encontro que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo desenvolverase o vindeiro 9 de novembro na Cidade da Muralla. O prazo de inscrición está aberto, e no programa inclúense intervencións de Xosé Lois Vilar, Hixinio Puente, Xurxo Souto ou Rosa GarcÃa-Orellán.