O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ven de facer pública a concesión do Premio Nacional de Poesía ao escritor Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) polo seu libro Os ángulos da brasa, publicado por Faktoría K de Libros na súa colección Tambo o ano 2012. Por este mesmo libro o poeta xa recolleu anteriormente o Premio da crítica de poesía en lingua galega e o Premio Ánxel Casal.
Álvarez Torneiro traballou durante moitos anos no eido do xornalismo vencellado ao diario La Voz de Galicia. A súa traxectoria inclúe os títulos Rigorosamente humano (1995, Premio Esquío); Luz de facer memoria (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica); Campo segado (2001); Epicentro (2003); Setembro Stradivarius (2004); Parábola do incrédulo (2006) e Os ángulos da brasa publicado en 2012 en la colección Tambo de Factoria K da editorial viguesa Kalandraka. O premio o concede o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. Está dotado con 20.000 euros.