Avelino González (Vigo, 1962), un profesional de ampla experiencia no cine, TV e teatro, é o novo presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en substitución de Toño Casais. Nesta entrevista, González revela os seus retos ao cargo desta relevante asociación e reivindica a necesidade de imaxinar novos camiños e formas para a profesión de actor ou de actriz.
-Como valoras neste momento a situación do teatro galego?
-Difícil, porque estamos en tempo de cambio. E en tempos de cambio sabemos onde non podemos volver pero non sabemos onde podemos ir. A primeiras de ano houbo un encontro de escena lusófona en Santiago de Compostela e todo o mundo daba a súa opinión pero contra o final, unha señora dixo o máis interesante de toda a xornada: "Temos moito que inventar mais non sabemos como". Así que esa é a situación. Na nosa profesión o de dar paus de cego xa nos vai incluída na definición e estamos sempre en modo proba-erro. Pero hai tamén cousas novas, como que temos que axeitarnos a unha nova forma de precariedade. No noso traballo sempre a houbo, pero esta é nova.
-En que consiste esa nova forma de precariedade?
-Pois en que non hai ningún traballo. Antes mirabas ao teu redor e sempre había por onde facer, pero agora, ao non haber, tes que inventar moito máis. De aí o tema dos microteatros, do teatro por casa e outro tipo de proxectos delirantes que atopas tanto aquí como fóra. Precisamos nutrirnos entre nós. Perdonando a estupidez, necesitamos volver a soñar, para imaxinar novas formas de facer o que vimos facendo desde sempre. Por un lado estamos condicionados na nosa relación coa institución, que só cambia nunha cousa, que é que agora non dan nada. Pero a que cambia de verdade é a relación co público.
NECESITAMOS VOLVER A SOÑAR, PARA IMAXINAR NOVAS FORMAS DE FACER O QUE VIMOS FACENDO DESDE SEMPRE"
-Por que?
-Porque agora precisamos a presenza do público como antes non se necesitaba. Esa presenza era suplida por outras vías, o cal non quere dicir que o público se desprezase ou non contase. Nós sempre defendemos que o público contase á hora de valorar subvencións, de espazos, de programacións...esa cousa que se chamaba de crear públicos, sempre nos pareceu un dos aspectos peor coidados. Agora, a realidade deunos co público na cara e temos que ir a por el.
-Estamos aínda na fase de crear público? Cre que falta xente por incorporarse ao teatro ou que simplemente non lles interesa a oferta que teñen?
- Había quen dicía hai anos que máis difícil que ser actor de teatro en Galicia é ser espectador de teatro en Galicia. O certo é que non sei se non lle interesa a oferta que ten ou non lle interesa como lla ofrecen, iso é moi importante. Se ti tes un ciclo de teatro e non o coidas minimamente, cunhas canles claras de información ás que o público pode recorrer para saber que hai...ese espectáculo non existe. Na promoción Internet axudou moito, pero agora mesmo Internet converteuse nunha selva na que hai que podar e nós non podemos facelo todo como actores. E iso que as xeracións de actores foron historicamente moi creativas: foron quen crearon as programacións, o CDG...pero interésanos agrandar esa relación co público.
Nestes dous anos, cales van ser os seus retos como presidente da asociación?
-Eses mesmos. Crear un espazo de comunidade entre os actores onde uns se poidan axudar e compartir información cos outros. Iso é o que nos falta. A asociación cumpre un papel sindical moi potente, como se demostrou agora con esta produción de Faro, ten un importante papel de promoción co seu catálogo web, e un dos obxectivos é relanzalo, darlle máis vida da que agora mesmo ten. Logo queremos tamén cambiar a forma de organización e relación interna entre asociados para que flúan ideas entre todos nós e xenerar colaboracións.
O outro día entrevistabamos a Carlos Blanco e el sinalábanos que en vista dos tempos decidira apostar por unha fórmula de autoprodución. Cres que iso vai ser unha tendencia no futuro?
-En realidade levamos anos facéndoo. Quen máis o fai é Talía Teatro, por exemplo, que o leva facendo desde hai moitísimos anos. O traballo de Talía está pouco recoñecido, pero é a compañía que máis produce sen subvención.
HAI COMO UN CORTE ENTRE COMPAÑÍAS E PROXECTOS QUE TEÑEN ESTRUTURA PARA SEREN SUBVENCIONABLES, E OUTRAS QUE NON, PERO QUE TAMÉN PRECISAN UN OCO
Pero refírome a que os propios actores o fagan.
-Non é novidade. Eu fíxeno no ano 2005, Mabel Rivera no ano 2010, hai compañías que son claramente de actores, como Lagarta Lagarta...O que cambia é que habendo un sistema de subvención era moito máis económico acceder á subvención que lanzarse á autoprodución, pero sempre estivo aí e sempre se fixo. A novidade está en como se plasma presenza institucional en todos os ámbitos do sector, desde a produción ata a distribución. Agora os teatros están baleiros e nós somos quen os podemos encher. A cousa é ver en que condicións enchemos os teatros sen que, por exemplo, hoxendía se pague caché. Iso é novo e temos que inventar como facer. O público participa ata agora de forma pasiva, pero claro, salas como o auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, se non ten subvención, quen vai encher ese espazo? Unha compañía de Madrid non porque non lle sae rendible. A nós interésanos ir aí.
Con todo o que esixe AGADIC para unha subvención, hai como un corte entre compañías e proxectos que teñen estrutura para ser subvencionables, e outras que non, pero que si son capaces de facer un espectáculo teatral de pequeno ou de medio formato. Aí é onde na asociación temos que traballar para facer un oco a ese tipo de traballos, porque nesta precariedade nós seguimos mantendo as nosas capacidades creativas. Hai que abrir camiños para que esas novas compañías se poidan mover.
Moitas veces fálase da exportación, de abrir mercados...é o mercado exterior unha saída potencial?
-Nós non temos ningún problema.
Pero trabállase xa agora?
-Hai compañías que teñen unha dobre localización. Desde o punto de vista de actores, nós temos capacidade trilingüe para poder traballar en Portugal, que é un dos terreos ignotos e que non se explota establemente. Xa hai modelos de exportación de teatro en Galicia, casos presentes de exportación. Aprendamos desas experiencias.
-E estanse a poñer en valor?
-Eu creo que non. A asociación precisa funcionar como cerebro colectivo máis do que ata agora viñamos facendo pero ás veces é moi feble, porque somos actores: traballamos con emocións, non somos executivos, non se nos pode pedir un plan a quince anos. Iso é o que particular que nós temos. Pero tamén das cousas bonitas.
Considerades que está recoñecida a profesión de actor dentro do mundo cultural galego?
-Uf, eu creo que polas institucións non, despois da campaña de acoso e derrubo que houbo con aquel AGADIC de Fasero no que se chegou a acusar de compañías con nome de gastar os cartos, de como saíu Cristina Domínguez do CDG...fíxose connosco o mesmo que se fixo cos profesores antes de aplicar a macheta na educación. Primeiro o insulto e o desprestixio, e logo o recorte. A min o que me interesa é a consideración do público. Eu agora mesmo estou nunha serie de TV e, xa que logo, a xente quéreme. Cando a xente vai ao teatro a ver teatro galego sae inconscientemente contenta, porque nós contamos, ou ben historias nosas, ou ben historias doutros á nosa medida. Somos valorados? Si, polo sistema cultural, polo público. O público a nós sen dúbida ningunha quérenos porque nós falamos no seu idioma. E non me refiro só a un tema idiomático, senón que máis ben falamos á súa medida. Nós collemos un Chékhov, traducímolo, pero hai algo máis. Sabemos traelo para aquí. Por iso o público nos quere.