Dosier: Barriga Verde

Un libro sobre José Silvent e unha exposición son as últimas propostas arredor este títere

Capa do libro-DVD <i>Morreu o Demo, acabouse a peseta</i>
Capa do libro-DVD Morreu o Demo, acabouse a peseta
Dúas novas propostas no marco para recuperar a memoria de Barriga Verde viron a luz esta semana. Por unha banda, Xaime Iglesias presentaba o pasado martes en Pontevedra e onte en Compostela o libro José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde, a primeira achega biográfica ao creador do coñecido títere. A obra, publicada polo Concello de Pontevedra e Urco Editora, intégrase no Proxecto Barriga Verde da Asociación Morreu o Demo. Precisamente este colectivo inauguraba onte na Biblioteca Nodal de Lugo unha exposición didáctica como parte da súa campaña para recuperar este popular monicreque. A acción súmase a propostas como a edición do libro-DVD Morreu o Demo, acabouse a peseta, o Café da Memoria que se celebrou o pasado 26 de setembro no Museo do Pobo Galego sobre os titiriteiros, e outras actividades que Morreu o Demo está a desenvolver arredor deste títere tradicional.

José Silvent Martínez, o mítico Barriga Verde en Lg3

Reportaxe sobre a historia de Barriga Verde (2003)

O documental Morreu o Demo, acabouse a peseta nesta reportaxe

O proceso de recreación da obra por parte de Viravolta Títeres nesta reportaxe

Nova sobre a recreación da barraca

Nova sobre a recreación da barraca

Primeira edición do Premio de Teatro para Títeres Barriga Verde

O documental Morreu o Demo, acabouse a peseta en AVG

O libro-DVD Morreu o Demo, acabouse a peseta en Lg3