Un pequeno cráter da lúa e varias estrelas levan o nome de Ramón María Aller (Lalín, 1878-1966). Unha pequena homenaxe a quen desde o seu observatorio na capital do Deza foi quen de facerse un oco nos medios astronómicos españois coas súas medidas de estrelas dobres, ademais de construír o primeiro observatorio de Galicia. 125 anos despois do seu nacemento o Observatorio Astronómico de Santiago que leva o seu nome réndelle unha homenaxe.
O astrónomo inglés P. Wilkins, que foi quen confeccionou o primeiro mapa da lúa, quixo inmortalizar a este matemático e astrónomo, bautizando co seu nome un dos cráteres da lúa. Unha lúa que Aller gozaba de mirar desde o seu observatorio en Lalín (Pontevedra) que rematou de construír en 1924. Matemático de formación (ademais de relixioso, aínda que non chegara a exercer nunca como profesión, senón como devoción), Aller non tardaría en darse a coñecer á comunidade científica internacional. O seu programa de medidas micrométricas de estrelas dobres foron moi sonadas naquel momento, chegando a publicar en revistas españolas e xermanas; aínda que as súas contribucións tamén tiñan outras preferencias como a determinación de coordenadas baseadas en observacións de pasos por dúas verticais.
As orixes: de Lalín a Santiago
En 1936 o Observatorio de Lalín trasládase a Santiago, unha idea aínda que xestada con anterioridade non se constitúe ata finais do 1943, sendo Ramón María Aller o seu primeiro director. Ó amparo da Universidade de Santiago, o observatorio comeza a súa actividade tanto a nivel científico como a nivel social, tentando popularizar o estudio das estrelas. Baixo o seu auspicio iniciáronse unha serie de Publicacións do Observatorio de Santiago, mellorouse o instrumental preciso para a observación, creouse unha comunidade de bolseiros e colaboradores ademais dunha Cátedra de Astronomía.
O Observatorio continúa hoxe co interese de promover a figura do seu promotor. E como bos alumnos que son este ano quixeron honrar ó seu mestre. O día que se celebraba o 125 aniversario do seu nacemento, presentábase en Lalín (a súa vila natal e na que hai un museo dedicado á súa figura) un vídeo de 16 minutos contando a súa historia que, en parte é a historia da astronomía en Galicia.
O observatorio hoxe
O panorama de hoxe en día non sería nada sen a achega de Aller. De feito foron uns cuantos os que continuaron co legado do frade e científico nos ámbitos que el mesmo desenvolvera: divulgación (en dous ámbitos, por un lado máis xeral a través das actividades culturais e, por outro lado máis específico con publicacións de carácter científico) e estudio (once proxectos de investigación nas que destaca principalmente o estudio de estrelas dobres e múltiples). O Observatorio Astronómico Ramón María Aller depende da Universidade de Santiago e como recorda o seu director, José Ángel Docobo conta cunha parte dentro do orzamento da Universidade, aínda que tamén con financiamento externo a través de proxectos de investigación. O observatorio desenvolve a día de hoxe sete liñas de investigación que van desde o estudio de sistemas estelares múltiples ata as Galaxias Activas e que lle outorga gran prestixio internacional. De feito, desde o propio observatorio organizáronse numerosos congresos e hoxe en día editan unha das Circulas de Información da Unión Astronómica Internacional.
O de Santiago é o único observatorio profesional ligado a unha institución. Conta cunha das bibliotecas máis especializadas do sector que tivo a súa orixe na que no seu día doou Ramón María Aller. Entre a súa dotación, destaca o director, atópase a cámara de interferometria speckle e o fotómetro de ocultacións que se usan tamén en grandes telescopios de Galicia. A día de hoxe están agardando a chegada dun novo telescopio adquirido logo de que o equipo investigador do Observatorio conseguiu o status de Excelencia polos méritos contraídos.
Unha profesión nun mundo afeccionado
As estrelas son, ademais dun obxecto de estudio, un hobby moi apreciado. En Galicia existen numerosas asociacións e hai mesmo algunha que ten o seu propio observatorio (como é o de Ribadeo ou Vila de Cruces). Para Jose Angel Docobo o futuro é prometedor, sobre todo cando o Observatorio do Monte Faro estea operativo. Trátase, sen dúbida, dun proxecto importante. Unha idea xestada en 1991 entre o propio Doboco e o daquela Conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuíña que tiñan na man un estudio astroclimatolóxico do que se deducira que o Monte Faro en Rodeiro era o lugar máis idóneo para o seu emprazamento. Desde entón, apunta Docobo, foi elaborado tanto o proxecto científico, como o de obra civil pola empresa IDOM, baixo as súas indicacións. A día de hoxe só falta que comecen as obras.
O Observatorio de Monte Faro vai ser, segundo Docobo, unha instalación emblemática que non so vai permitir facer os profesionais un traballo de altísima calidade en especialidades como a fotometría, espectroscopia, interferometría, etc, senón que os cidadáns poderanno visitar, facer observacións e gozar dunha visión única do firmamento dende aquela cima mesmo no corazón de Galicia.