Un dos espazos naturais máis escénico das RÃas Altas é a praia de Covas e as Illas de Santa Comba. Espazos mÃticos e cheos de lendas, a súa ermida xa está testemuñada na época de XelmÃrez. Tras dúas intervencións arqueolóxicas, as illas seguÃan a gardar moitos misterios. Unha prospección xeomagnética sobre o terreo levada a cabo polo INCIPIT (CSIC) permite coñecer máis sobre a arqueoloxÃa dun enclave natural e cultural importante de Ferrolterra.
A Illa de Santa Comba, hoxe dividida en tres diferentes illotes, sempre espertou a atención dos parroquianos de Covas (Ferrol), se ben non foi considerada como sitio arqueolóxico ata o 2003, cando foi identificada como castro por César Parcero. Sen embargo, a illa estaba presente de xeito intenso na cultura local. A súa fermosa ermida medieval, xa mencionada na Historia compostelana do arcebispo Diego XelmÃrez, acollÃa unha romarÃa anual, malia as dificultades de acceso, a través do cantil, ata o acceso á Illa do Medio, a máis grande do conxunto.
A Sociedade Cultural Columba promoveu dúas intervencións levadas a cabo con voluntarios na devandita illa do Medio, en 2001 e 2006. Na primeira, a escavación confirmou a existencia dun castro e permitiu localizar, nunha zona próxima ao acceso, un nivel de ocupación do século III a.C., no que se localizaba actividade metalúrxica, e que chegaba ata época romana. Despois dun abandono dese espazo, volvÃa ser ocupado en época altomedieval, igual que sucede noutras illas do Atlántico. A segunda intervención, na zona da capela, confirmou a súa existencia como necrópole durante a época medieval, xa advertible por un sartego localizado nas proximidades da ermida.
Tres técnicos do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSiC levaron a cabo este verán prospeccións xeofÃsicas e con xeorradar na superficie das tres illas, destinada a comprobar a estensión do sitio arqueolóxico localizado nas escavacións de 2001. Os resultados amosaron a existencia de restos arqueolóxicos na Illa de Fóra e na Illa do Medio, se ben con resultados distintos.
“Ao realizar prospección con gradiómetro puidemos rexistrar as anomalÃas magnéticas provocadas polos distintos materiais do subsolo sobre o campo magnético terrestre. Na Illa de Fóra comprobamos que a potencia do solo é escasa. Pero tamén vimos no estremo norte da illa indicios do que puideran ser pequenas construcións circulares castreñas”, sinala Carlos Otero.
Pola contra, na Illa do Medio, os resultados de interese arqueolóxica concentrábanse na zona na que xa se realizara a excavación do 2001. “Advertimos que probablemente hai pouco solo arqueolóxico fértil, o que pode ser produto da erosión. Polo tanto, a posibilidade de achar restos arqueolóxicos relevantes está limitada a unhas zonas concretas das illas”.
A intervención permitiu desmontar algunhas hipóteses arqueolóxicas previas, como a existencia dun posible torreón na zona de terra, como parte dun sistema defensivo desta primitiva penÃnsula mudada en illa pola erosión. A análise do subsolo permitiu verificar que non era tal, senón unha simple duna.
A erosión, o vento e o mar levaron boa parte do sitio arqueolóxico de Santa Columba, pero preservaron e incrementaron o seu misterio e maxia lendaria.