Nace unha nova editora de BD en Galicia

3 pintamonas apostará pola edición en papel e en dixital en varias linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Nace unha nova editora de BD en Galicia

Co debuxante Tirso Cons como director artístico, acaba de nacer en Compostela a editorial 3 pintamonas. O proxecto, no que participan tamén Raúl Marinho e Elisa Couto, está aberto a todo tipo de publicacións e de autores de novena arte procurando, iso si, un ton reivindicativo para os seus produtos. Sen adiantar títulos, Cons sinala que o primeiro proxecto está previsto para finais do vindeiro ano, e que a intención da editora é facer edición en papel mais cunha forte aposta polas versións dixital en varios idiomas, entre os que estarán sempre o galego e o castelán.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos