Ourense celebrará finalmente o FITO

O acordo entre o concello e Sarabela permite retomar o festival este outubro

A VI Edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense celebrarase finalmente entre o 5 e o 18 de outubro. O acordo entre o Concello e mais a compañía Sarabela permite recuperar unha cita que este mesmo verán se daba por perdida para a axenda do ano. Aínda que con recortes, que deixan fóra por exemplo a sección dedicada á lusofonía, o evento contará con proxectos como En construcción primeira montaxe como director de Tristán Ulloa. Produccions Trapa desde Cataluña, La Mona Ilustre, de Chile ou os dinamarqueses Granhoj Dans son outros convidados interanacionais, mentres que a representación galega correrá a cargo de Funboa Escénica, Matarile Teatro, Teatro do Atlántico, Teatro Ensalle, Abapalabra Cracións Escénicas e Chévere.