A súa proposta para o clásico conto Hansel e Gretel valeulle a Iratxe López de Munáin facerse co Premio Europeo de Ilustración Cociña de Contos que convoca a editora galega OQO. Lópe impúxose entre as 161 propostas que se presentaron ao certame e recibirá 3.000 euros ademais de ver o seu libro publicado en galego, español, portugués e polaco. A obra presentarase no vindeiro Salón do Libro de Pontevedra, onde ademais se poderá ver unha exposición cos 15 traballos finalistas, que itinerará despois por diferntes localizacións.