O poemario presentado baixo o lema Corpos transitivos valeulle a Elvira Riveiro facerse co premio Avelina Valladares na súa XVII edición. O certame poético que organiza o Concello da Estrada contou este ano coa participación de 27 obras orixinais que aspiraban ao premio de 1000 euros. O xurado destacou no traballo a "indagación do sobre a perda do territorio" e "a orixinalidade na creación de xogos verbais" entre outras cuestións. A entrega do galardón farase a comezos do vindeiro mes de decembro na Festa da PoesÃa.