Con 120.000 euros de orzamento, un 55% menos que no pasado ano, o Culturgal prepara a súa edición para 2013. O evento que continuará en Pontevedra, contará con novidades, segundo adiantou o seu director, Xosé Manuel Aldea. AsÃ, ofertarase a posibilidade de que o público pague voluntariamente por asistir ao encontro, con vistas a que poida contribuÃr ao sostemento da actividade. Ademais, as actividades musicais serán maioritariamente de pago e faranse nunha carpa propia no exterior do Pazo da Cultura. O prazo para contratar postos e propor actividades para o evento, que se celebra entre o 29 de novembro e o 1 e decembro, está xa aberto.